Especialidades

Consideracións bucodentais

Os problemas dentais más frecuentes

Dor de moas, sequedade na boca, mal alento... Por máis que coidemos a nosa hixiene e saúde oral, a boca é unha das partes do corpo humano que máis desgaste sofre, polo que é fácil desenvolver afeccións. Neste post falamos dos dez problemas dentais e bucais máis frecuentes.

1A dor de moas

A dor de moas adoita indicar que existe unha carie, aínda que tamén podería ser debido a unha enfermidade das enxivas ou a un absceso dental. O absceso dental é unha infección causada por unha fractura no dente, unha carie ou a enfermidade periodontal, que permiten que as bacterias entren na pulpa (o tecido interno do dente que contén nervios, vasos sanguíneos e tecido conectivo) e conduzan á súa morte.

Halitose, causas e recomendacións para evitar o mal alento

Ademais da dor de moas, o absceso dental pode provocar hinchazón, arrubiamento das enxivas, mal sabor de boca e febre. O tratamento desta afección dental depende da gravidade da infección, pero pode ser mediante antibióticos, drenaxe da infección, limpeza do espazo entre o dente e a enxiva ou a endodoncia.

2A sensibilidade dental

A sensibilidade dental é unha molestia ou dor nos dentes causado polo contacto destes con determinado tipo de substancias ou pola temperatura destas substancias. Nos dentes e nas enxivas sas, o esmalte e o cemento protexen, respectivamente, á dentina, unha capa interior que contén túbulos microscópicos. Se a dentina perde a protección do esmalte ou o cemento, estes túbulos permiten que a calor e o frío ou os alimentos acedos ou pegañentos cheguen aos nervios e células dentro do dente, xerando sensibilidade.

Causas y tratamiento de la sensibilidad dental

Son moitas as razóns que poden xerar unha sensibilidade dental e, por tanto, son moitos os tratamentos posibles. Entre as causas máis comúns están as caries, os dentes fracturados ou fisurados, o desgaste dun empaste ou do esmalte, e a enfermidade de enxivas ou a recesión da mesma. Entre as posibles solucións están as pastas de dentes desensibilizantes, o xel de flúor, obturación ou incrustación, o enxerto de enxiva ou a endodoncia.

3O sangrado das enxívas

O sangrado de enxivas é outra das afeccións bucodentais máis comúns. Se o sangrado é pequeno ou moi esporádico, non debería preocuparnos, pero se é algo frecuente ou excesivo require poñerlle remedio canto antes. Entre as causas máis comúns:

Causas do sangrado das enxivas

  1. Xenxivite: A etapa máis temperá da enfermidade periodontal pode estar moi conectada co sangrado de enxivas.
  2. O embarazo: En estreita conexión co anterior, algunhas mulleres embarazadas desenvolven unha xenxivite xestacional, con todas as consecuencias xa mencionadas.
  3. A hixiene dental: Un escobillado demasiado intenso ou con cepillos moi duros pode provocar sangrado. Tamén pode causalo o empezar a usar o fío dental.
  4. Os anticoagulantes: O uso deste tipo de medicación pode xerar sangrado de enxivas.

4Chagas na boca

Esta técnica é compatible con outros tratamentos estéticos, debido a que non se describiron ata o momento interaccións negativas con outras substancias. De feito, algúns tratamentos baseados en PRGF pódense complementar utilizando un recheo para aumentar o volume dunha zona concreta se é necesario.

5Halitose ou mal alento

A halitosis ou mal alento é unha condición desagradable que provoca vergoña e problemas sociais. As causas deste problema poden variar, do mesmo xeito que os seus tratamentos.

Causas e tratamento do mal alento

  1. A alimentación: Determinado tipo de alimentos, sobre todo se a hixiene non é a axeitada, poden provocar halitose. Tamén causan mal alento algunhas dietas.
  2. A enfermidade das enxivas: O mal alento pode ser outro dos signos desta enfermidade tan extendida.
  3. A boca seca: A saliva axuda a manter a boca limpa, polo que se temos problemas neste sentido tamén podemos desenvolver halitose.
  4. O tabaco: Ademais de manchar os dentes e causar moitas enfermidades, o tabaco adoita xerar mal alento.
  5. Condicións médicas: As infeccións sinusais ou pulmonares, a bronquite, a diabetes e algunhas enfermidades hepáticas ou renais poden estar asociadas á halitose.

Para solucionar o problema de mal alento, é fundamental levar unha boa hixiene bucal diaria, incluíndo colutorio, fío dental e a limpeza da lingua. Tamén son fundamentais as revisións no dentista e as limpezas profesionais.

6Dor de mandíbula

Moitos adultos sofren dor crónica en mandíbula e cara. Algúns síntomas comúns son a molestia en ou ao redor do oído, sensibilidade da mandíbula, dor ao morder ou cefaleas.

Causas e tratamentos da dor de mandíbula

Non sempre é fácil determinar as causas desta dor, polo que se recomenda unha revisión exhaustiva por parte do dentista, que pode incluír radiografías. Entre as causas máis frecuentes están os problemas sinusaia e dentais, a enfermidade periodontal, a infeccións, a artrite, o bruxismo e os problemas coa articulación temporomandibular.

Dependendo da orixe da dor, hai distintas opcións de tratamento que pasan pola férula bucal, os relaxantes musculares, exercicios específicos para a ATM, antiinflamatorios, antibióticos, endodoncia ou outros tratamentos para a carie, o tratamento periodontal e a extracción dental.

7Boca seca

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. A saliva é a principal defensa da boca contra a carie dental, xa que esta degrada os alimentos e outros refugallos, neutraliza os ácidos producidos polas bacterias na boca e proporciona substancias que combaten enfermidades en toda a boca.

Problemas relacionados coa secura de boca

Algúns dos problemas comúns asociados coa sequedade de boca inclúen a dor de gorxa costante, a sensación de ardor, dificultade para falar e/ou para tragar, a ronqueira e a secura nas fosas nasais.

Nalgúns casos esta sequedade tamén pode ser un indicador da síndrome de Sjogren, un trastorno autoinmune crónico no que o sistema inmunitario do corpo ataca por erro as súas propias glándulas produtoras de saliva e bágoas, así como outros órganos.

8Infección por piercings orais

Aínda que o uso de piercings orais é unha forma popular de autoexpresión, a outra realidade é que este tipo de elementos poden causar moitos problemas de saúde, especialmente na boca. Entre as afeccións máis frecuentes atópanse as infeccións que provocan, os danos nas enxivas e dentes por mordelos ou xogar con eles, a hipersensibilidade ou alerxia aos metais, o dano aos nervos tras a súa colocación, o exceso de salivación e os problemas na fala, mastigación e deglución.

Coidados e recomendacións para os piercings orais

Se xa ten piercings en beizos, fazula ou lingua e quere mantelos, é fundamental ter un coidado especial para evitar os problemas mencionados. Para iso recomendamos manter unha hixiene especial, non movelo nin xogar con el, comprobar o seu estado frecuentamente, protexelo durante a práctica do deporte e consultar ao seu dentista ante calquera afección.

9Dentes fracturados ou rotos

Un dente gretado ou roto pode ocorrer por unha variedade de razóns, e aínda que a greta pode ser invisible a primeira ollada e mesmo a raios X, pode ser incriblemente dolorosa. Entre os problemas máis comúns deste tipo están:

Dentes avulsionados

Se un dente definitivo resulta arrincado de raíz, mantéñao húmido en todo momento. Se non ten un produto específico para mantelo hidratado, tente colocalo no alvéolo sen tocar a raíz ou, polo menos, mantéñao entre a fazula e as enxivas e contacte co seu dentista.

Dentes fracturados

No caso de sofrir unha fractura dental, enxaugue inmediatamente a boca con auga morna para limpar a área. Poña compresas frías na cara para manter evitar calquera hinchazón.

Dentadas en lingua ou beizo

Se se morde a lingua ou o beizo bruscamente, límpea con auga e aplique unha compresa fría.

Restos entre os dentes

Para os restos atrancados entre os dentes, trate de quitalos suavemente con fío dental, pero nunca tente quitalo con instrumentos afiados ou puntiagudos.

Para evitar este tipo de problemas recoméndase o uso de protector bucal durante as actividades deportivas, e evitar masticar elementos duros ou usar os dentes para cortar cousas.

10Manchas nos dentes

Co tempo, os dentes poden mancharse e cambiar de cor, provocado, xeralmente, por determinados tipos de alimentación, ao tabaco, o envellecementos, lesións ou golpes, o uso de determinados medicamentos e a unha cuestión xenética.

Branqueamento dental – Unha solución aos dentes escurecidos

Para branquear os dentes ou recuperar polo menos o seu brillo orignal, existen distintas opcións de branqueamento que poden ser ambulatorios ou en clínica. O seu dentista daralle a mellor opción:

  1. Branqueamento en clínica: O dentista aplicaralle un axente blanqueador aos dentes e podería utilizar unha luz especial ou láseres para mellorar o resultado.
  2. Branqueamento na casa: Os branqueadores que conteñen peróxido en realidade branquean o esmalte dental. Adoitan vir nun xel e colócanse nunha férula bucal.
  3. Pastas dentais branqueadoras: Este tipo de pastas teñen axentes químicos ou elementos especiais que proporcionan eficacia adicional á eliminación de manchas.

Hai que ter en conta que, nalgúns casos, os tratamentos de branqueamento non corrixen todos os tipos de decoloración. Se ten empastes, o blanqueador non afectará a cor destes materiais, polo cal poden destacar no seu sorriso recentemente branqueado, e pode ser necesario ter que modificar eses empastes. Existen tamén outros procedementos cosméticos máis invasivos como as facetas ou coroas de porcelana ou resina.

Como comentabamos ao principio do artigo, estas son as dez afeccións e problemas bucodentais máis frecuentes. As causas e, por tanto, tratamentos de todas elas son diversas, aínda que a boa hixiene dental e as revisións continuas por parte do dentista sempre axudan a combater estas complicacións.

Compártao
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental