CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Como previr a carie dental?

A carie dental é unha enfermidade infecciosa provocada por unhas bacterias que existen na cavidade oral. Aquí explicámosvos como previla.A carie dental é unha enfermidade infecciosa provocada por unhas bacterias que existen na cavidade oral. As liñas de prevención desta enfermidade oriéntanse en 3 vertentes:

1. Eliminación da placa bacteriana: a placa bacteriana é esa materia branco-amarelenta que se deposita sobre os dentes cando estes non se cepillan ou faise mal, que está formada por detrito celulares da propia boca, restos de alimentos, saliva e xermes. Estes xermes que están na placa son os responsables da carie, polo tanto é unha enfermidade infecciosa.

Para eliminar a placa hai que utilizar o cepillo dental coas técnicas correctas para varrer esa placa de xeito eficaz. Non se trata de facer escuma coa pasta. A pasta dental actúa como unha xabón que axuda a disolver a placa pero o máis importante é o varrido do cepillado, dedicándolle o tempo axeitado. O cepillado pode ser manual ou eléctrico. Se a destreza manual é adecuada vale o manual. Se se teñen dificultades en chegar a certas zonas máis escondidas pode ser mellor o eléctrico. Como complementos débese de utilizar o fío dental para arrastrar a placa dos sitios interdentais. En pacientes con problemas de enxivas ademais é moi útil a utilización dos cepillos interdentais e/ou irrigadores dentais (ducha dental).

2. Controlar os alimentos ricos en hidratos de carbono, os chamados carioxénico. Convén non abusar deste tipo de alimentos e cando se tomen, cepillar inmediatamente os dentes. Exemplo deles son: as galletas, chocolate, lambetadas, xeados e todo o que sexa doce e pegañento e tamén bebidas carbonatadas como a coca-cola.

3. Tratar de aumentar a resistencia do esmalte utilizando suplementos de fluor. Se detectamos que un esmalte é máis susceptible á carie son imprescindibles os suplementos de fluor. (Non esquezamos que a calidade do esmalte é determinante na incidencia da carie).

A frecuencia de revisións ao dentista depende da tendencia que cada persoa teña cara á carie ou a problemas de enxivas. Non hai unha norma para todo o mundo. En persoas predispostas, a frecuencia pode ser cada 4-6 meses. En pacientes pouco susceptibles pódese ampliar a un ou mesmo dous anos.



* Unha publicación da doutora Carmen López, médico e odontólogo especialista en ortodoncia e estética dental.

Dra. Carmen López Prieto

Dra. Carmen López Prieto