Actualidade

Sialolitíase - Causa e tratamento da pedra na glándula salival

A sialolitíase é a formación de pedras (sialolitos) nos condutos de drenaxe das glándulas salivais ou na propia glándula. Pero por que se xeran estes cálculos? Hai tratamento? Aquí explicámolo.

Cales son as glándulas salivais?

As glándulas salivais son os órganos responsables da produción de saliva que se verte na cavidade oral. A saliva é un líquido composto por unha mestura de encimas, reguladores, anticorpos e nutrientes que, entre outros, cumpre unha función dixestiva e antibacteriana. Hai seis glándulas salivais principais: dúas parótidas, dúas submaxilares e dúas sublinguais. Ademais, hai varias glándulas salivais menores nos beizos, meixelas, boca e gorxa.

Qué son e por que se forman as pedras salivares?

Os cálculos ou sialolitos son xacementos minerais que se orixinan nos condutos salivais e poden obstruír o fluxo de saliva. Cando a concentración de auga na saliva diminúe, varios compoñentes que están presentes nela como fosfatos, calcio, magnesio... poden precipitar e formar pequenas pedras minerais, orixinando un trastorno coñecido como sialolitíase. Certos medicamentos tamén poden favorecer a creación destas pedras.

calculo glandula salival

Qué síntomas causa a sialolitíase?

Cando a saliva non pode saír polo conduto, prodúcese unha obstrución nesa canle ou nas propias glándulas salivais, que pode acabar provocando unha infección bacteriana con síntomas como inchazo, eritema, dor continua ou durante a palpación.

trastorno glandula salival

A qué glándulas afecta a sialolitíase?

Pode afectar a calquera das principais glándulas salivais como as glándulas sublinguais, submandibulares e parótidas. Non se debe confundir este trastorno coas paperas ou parotidite, que é unha enfermidade contaxiosa causada polo virus Paramyxoviridae e localizada nunha ou nas dúas glándulas parótidas.  

glandulas salivales

Pódense evitar as pedras das glándulas salivales?

Unha forma de previr a sialotíase é manter unha correcta hidratación corporal, xa que a saliva está formada nun 98% por auga.

hidratacion calculos glandula

Cómo se trata a sialolitíase?

 Se a causa da obstrución do conduto ou glándula salival é unha pedra, débese eliminar para restablecer o fluxo normal. Unha das técnicas empregadas para tratar a sialolitíase é a endoscopia. Esta técnica chamada sialoendoscopia consiste en introducir un dispositivo a través do conduto salival ata chegar á zona onde se atopa a pedra e usar unhas pinzas para agarrala para extraela.

glandula salival endoscopia

Se a pedra é demasiado grande, pode ser necesaria unha extracción cirúrxica, accedendo directamente ao conducto salival para eliminar a pedra. Se hai unha infección bacteriana asociada, pode ser necesario o uso de antibióticos e antiinflamatorios.

Sialolitiasis calculo

Tratamento da sialolitíase na Coruña

Se vostede vive na Coruña e padece un trastorno relacionado coa glándula salival ou calquera outro problema oral, os profesionais da Clínica Médico Dental Pardiñas están á súa disposición. Infórmate sen compromiso.

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental